menu-iconlogo
logo

Cesteiros

logo
Letras
Somos probes cesteros

Cestos que compoñer

Pobriños de nosoutros que vamos a morrer

Fame que teño, vaia por dios

Non sei se é a fame ou será tos

Entra pola boca e sae polos pés

Porque este mundo foi feito al revés

Cando vamos para a feira

Cos cestos a vender

Chamámo-las mulleres que nolos veñan a ver

"E son bos cestos?"

"E son, son, son

Que como os meus non hai ninghún, non"

"E son bos cestos?"

"Míremos ben, que como os meus xa non os fai ninguén"

Cando vamos para a vila

Pola calle real

Quedan as señoritas sentadas no portal

Elas moi empolvadas

Salen ó mirador

Falando polos dedos palabriñas de amor

"E son bos cestos?"

"E son, son, son

Que como os meus non hai ninghún, non"

"E son bos cestos?"

"Míremos ben, que como os meus xa non os fai ninguén"

Fame que teño, vaia por dios

Non sei se é a fame ou será tos

Entra pola boca e sae polos pés

Porque este mundo foi feito al revés

Fame que teño, vaia por dios

Non sei se é a fame ou será tos

Entra pola boca e sae polos pés

Porque este mundo foi feito al revés